martes, 2 de marzo de 2010

COPLAS DE CASAMENTO


O que aforra sempre ten,

Tamén o aforrar é bo;

O sombreiro que leva o noivo

Era do pai do avó.



Sale ti, bo bailador,

sale ti pronto a bailar

que a moza que te acompaña

con outro se ha de casar.



Anda diciendo tu madre,

que no me quiere por nuera,

¿Quién le dijo a esa señora

que yo la quería por suegra?



Eu caseime no Araño

coa filla do arañón,

ela bonita non era,

pobre si, honrada non.



Eu queríame casar-e

miña nai, non teño roupa,

casa miña filla casa,

que unha percha tapa á outra.



Heiche de casar cun vello,

para me fartar de rir,

poñerche a cama nun alto,

nela non poida subir.



Miña nai cando berra

bate co pé no sobrado;

ela dí que non quere xenrro,

eu xa llo teño buscado.



Non te quero, nena,

para miña cuñada,

non te quero , nena

que non vales nada.



Rabeabas pola peneira,

rabeabas por penetrar,

rabeabas por ter amores,

rabeabas por te casar.



Miña nai por me casar

ofreceume bois e vacas,

agora que me casei

deume unha cunca de papas.



Andivecheste alabando

polos muíños moendo

que te casabas conmigo,

iso era eu querendo.



Solteiriña non te cases,

non deixes a boa vida,

que moitas de estar casadas

queixanse ó outro día.



Non te cases cun ferreiro

kikiriki, kikiriki

cásate cun carpinteiro

que che fai cousas bonitas.




Eu hei d´ir, hei d´ir

e ti has quedar-e

á casa do cura

por verme casar.



Non sei ler nen escribir,

nen poñer o pé na roda;

o día da túa voda

hei poñer monteira nova.


No hay comentarios:

Publicar un comentario