Unha vella nunha fonte,
por unha berza bebía,
a berza estaba rachada,
toda a auga lle vertía.
Unha vella dicíalle a outra
polo burato da porta:
Ei, goberna na túa vida
que a miña nada che importa.
Indo por alí abaixo
axixei por un ferrollo
unha vella refungona
meteume un pau por un ollo.
Estreliña do alto ceo
dáme a túa claridade,
foise o día, ven a noite
vaise a miña mocidade.
Túa nai maila miña,
van xuntas no San Cibrán,
deixan as portas abertas
e levan as chaves na man.
Unha vella moito vella,
máis vella que o meu chapen,
faláronlle de casamento,
levantou as mans ó ceo.
- Dime, casadiña nova,
¿Cómo che vai de casada?
- O meu home está moito vello,
non me sirve para nada.
Una vieja y un candil
son dos demonios en casa
la vieja para reñir,
y el candil crema la grasa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario