Costureira non quero,
tecelana non ma dan,
que ten as pernas ...
de estar sentada no chan.
Aínda che ei de votar unha,
aínda che ei de votar outra,
aínda che ei de votar unha,
que che ha de queimar a roupa.
Meu Manoel, meu Manoeliño,
meu Manoel, feito de cera
¡quen me dera se-lo lume
que o meu Manoel derretera!
Ó carabel cando nace
chamanlle carabelino;
Tamén os fillos do cura
chámanlle ó pai “señor tío”.
O cura cando vai lonxe,
déixalle dito á criada:
veña tarde, veña cedo,
déitate na miña cama.
Xa tivo amores con outro
a raposa que ti levas
xa llo notarás á noite
cando te deites con ela.
A muller do gaiteiriño,
muller de moita fortuna,
ela toca dúas gaitas,
outras non tocan ningunha.
Esta noite hei de ir aló
non poñas o tarabelo;
deixama porta atrancada
cunha palla de centeo.
Heiche pedir unha cousa
e non ha de ser a vida;
da cintura para abaixo,
da rodilla para arriba.
O cura vendeu a bata
por non lle da a cebada;
agora vai ós enterros
dacabalo da criada.
A criada do cura
ten un neno
ten un neno pequeniño
que de nome lle chaman Manueliño.
Como se colea la troita en el agua,
así se colean los cuerpos serranos;
como se colea la troita en el río,
así se colean tu cuerpo y el mío.
El sol le dijo a la luna,
retirate, bandolera,
que la mujer que anda de noche
no puede hacer cosa buena.
No quiero de tu querer,
que tu querer lo repartes;
andas como los faroles
que alumbran a todas partes.
Arriba pandeiro vello,
abaixo manta furada,
onde chegan as mulleres
os homes non valen nada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario