
árdello eixo, meniña,
hai que mollalo.
Hai que mollalo,
hai que mollalo,
árdello eixo, árdello carro.
Árdello eixe, árdello carro,
árdello eixe, meniña,
bótalle barro, botalle aceite,
árdello carro, meniña, árdello eixe.
Se queres que o carro cante,
móllalle o eixo no río,
que despois de ben mollado
canta como un asubío.
Carrancheiros de Luou
¿Qué vindes buscar a Calo?
Aínda vos han de correr
coa cabezalla do carro.
Carreteiro non,
que vai e non ven;
quero un barbeiniño
que me afeite ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario