o que foron armare,
que tiña un bo viño mosto
debaixo do seu altar.
Por decir ¡Viva San Roque!
prenderon a meu irmán;
agora que o soltaron,
¡Viva San Roque e o can!
Veño da Virxe da Barca,
da Virxe da Barca veño;
veño de abala-la pedra,
de abala-la pedra veño.
Indo para a Escravitude
levei unha cotenada;
dixome a compañeira
"ponlle una tea de araña".
Nosa Señora da Guía
guía ós homes no mar,
as gaivotas en Ourense
non saben o que é voar.
Fun a Santa Margarida
para o ano hei de volver,
que me quedou a mantilla nova
no toxal sen recoller.
No hay comentarios:
Publicar un comentario