que chei dar un pataco.
- Non quero bicos dos homes
que me cheiran ó tabaco.
Maruxa se vas á feira,
cómprame un porco rabelo,
que se mo compras con rabo
non me colle no cortello.
Maruxiña do forneiro,
se é que coces, faime un bolo;
se mo fas faimo de trigo
que eu de millo non cho como.
Maruxiña cando chove
pon o neno no tellado;
o neno de Maruxiña
cando chove está mollado.
Maruxiña, o teu paxaro
anda nas miñas cereixas;
come, paxariño, come,
veremolas que me deixas.
Maruxiña, o teu refaixo,
bótalle un reberetiño,
non llo botes amarelo,
bótallo coloradiño.
Maruxiña, ti élo demo,
sempre me andas atentando;
ou no río ou na fonte,
sempre te atopo lavando.
Maruxiña non veñas á herba,
que ven o aire e toda che leva,
toda che leva, lévache toda,
ai Maruxiña, Maruxiña,
non sexas tola.
Baila na punta do pé,
baila na palma da man;
baila miña Maruja,
baila se queres bailar.
a do refaixo amarelo,
se te atopo no camiño
non che ha de valer “non quero”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario