iremolos dous cantando,
e para non perde-lo tempo,
colle a roca e ven fiando.
O amor da costureira
era papel e mollouse,
agora, costurerita,
o teu amor acabouse.
Para carabinero
eres cobarde,
deja la carabina
y métete fraile.
Sete xastres fan un home
e vintecinco un testigo,
fan falla cento cincuenta
para firmarlle un recibo.
Unha noite no muiño,
unha noite non é nada,
unha semaniña enteira,
esa si que é muiñada.
Os mariñeiros na mar-e
arman velas, arman velas,
arman velas, arman velas,
eu tamén as vou armar-e.
Lévame no carro, lévame,
carreteiriño das uvas;
lévame no carro, lévame,
colleréi das máis maduras.
Alá enriba naquel monte
unha fiadiña hai,
¡Quén me dera ir a ela
sen que o saiba miña nai!
Costureira nona quero,
se ma dan tiro con ela,
tódolos pilllos da calle
pasan a noite con ela.
Costureiriña bonita,
dame un alfilete de prata
para quitar esta espiña
do corazón que me mata.

O muíño de meu pai
eu ben me sei o tempelo,
cando este alto, baixalo,
cando está baixo, erguelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario