Pra sardiñas frescas, Vigo,
pra bo viño, Ribadavia,
e para mulleres bonitas,
Ourense que ten a fama.
Se vas a Carril
ó mesmo chegar,
verás Cortegada
deitada no mar.
Se ti viras o que eu vin,
alá enriba en Monterroso,
sete xastres xuntos,
dacabalo dun raposo.
Eu teño un canciño
que ven de Marola
e baila o fandango
nunha perna soia.
Arroz con chícharos,
patacas novas,
repolo de Betanzos
e máis cebolas.
Al llegar a La Coruña
lo primero que se ve
son las véntanas abiertas
y las camas sin facer-e.
As rapazas da Coruña,
non é unha que son todas,
poñen dous pares de medias
para facer as pernas gordas.
Fuches a Vilagarcía,
fuches e non viches nada,
non viches baila-lo sol
nunha mazá colorada.
Carballeira de San Xusto,
carballeira derramada,
naquela carballeria,
perdín a miña navalla.
De Portugal me trouxeron
un guisadito con mollo
coas orellas dunha pulga
e o corazón dun piollo.
Pasei un día no Grove
nunca o poderei olvidar
non hai rico nen hai pobre
que non saiba pandeirar.
Polo Sar abaixo
vai unha troita de pé
corre que te corre,
quen a pondera coller,
quen a pondera coller,
quen a pondera pillar,
a cabalo dela
ir á beiriña do mar.
O cantar do arrieiro
é un cantar moi baixiño,
cando canta en Ribadavia,
resoa no Carballiño.
Teño un amor en Rianxo
e outro en Vilagarcía;
para ver os meus amores
teño que cruza-la ría.
Fuches a Vilagarcía,
fuches e non viches nada;
non viches baila-lo sol
nunha mazá colorada.
Xa fun a Marín,
xa pasei o mar,
xa collín laranxas
do teu laranxal.
Pola falda da camisa,
vinche subir un piollo;
viña de Serra Morena,
levaba un parche nun ollo.
Liñares para cantar,
liñares para cantar,
¡Vivan los cuerpos serranos
que se saben marear!
De Portugal me mandaron
tres pares nun ramalliño;
¡quen me dera a min saber
que é o meu cariño!
As mociñas que hai no Porto
todas teñen pernas tortas,
unhas serven pra albeacas,
outras pra trancas de portas.
A subila e a baixala
a costiña de Farelo,
a subila e a baixala
perdín a cinta do pelo.
As mozas de Vilanova
din que non beben viño
pero debaixo do mantel,
teñen o xarro escondido.
O pandeiro toca ben
e as ferriñas danlle o son,
as rapazas que o tocan,
elas de Cerceda son.
Se vas polas Platerías
para ver a Cortisela,
beberás auga bendita
dos cabaliños de pedra.
Pola ría de Padrón
vai un sombreiro a nadar.
Era de José María
que viña de navegar.
Pontevedra e nova Vila,
da de beber a quen pasa,
a Fonte da Peregrina
e San Bartolomé na praza.
Vindo do Faro vin unha nena,
viña do monte de calcetar,
ela a min gustoume, pedinlle un bico
pero el non che mo quiso dar.
O gaiteiro de Soutelo,
mal raio de Diolo parta,
non quere toca-la gaita
sen que lle den chiculate.
A muiñeira da costa de Meira
de día moe e de noite peneira;
nunca se viu cousa coma ela,
penetrar toda a noite sen vela.
Se vou a Bueu
eu non vou, non vou,
e se non vou non boi
eu a Bueu non vou.
Veño dun lugar de Tella
de ver unha telleana,
que me parte o corazón
e se me mete na i-alma.
Genial
ResponderEliminar