martes, 2 de marzo de 2010

COPLAS DE DESPRECIOS


Henche de dar viño podre,

sopas de pan valorento,

mozo que falas conmigo,

estás perdendo no tempo.



Os homiños que hai agora,

son poucos e valen menos,

vai a cento e catro cartos

coma os xurelos pequenos.



Os cregos e os taberneiros

teñen moito parecido

os cregos bautizan menos

e os taberneiros o viño.




Chamáchesme moreniña,

era do polvo da eira,

xa me verás o domingo

coma guinda na guindeleira.



Chamáchesme pera verde,

eu a ti mazá podrida;

se pera verde se come,

mazá podrida se tira.



E vaite daí

xa podes largar

que na miña vida

che volvo a falar.

1 comentario: