AXEITAME A POLAINA
Axéitame a polaina,
axéitama diste lado
que dist´routo xa che está.
Quero bailar e troular
aunque son vello, netiña,
que traballen os que poden
que eu traballei toda a vida.
Quero ir ás festas e ás romerías,
come-lo pulpo e outras cousas finas,
beber bo viño, falar coa xente
e ouvi-la gaita do señor Vicente.
E véndemos bois e véndeme as vacas
e non me vendas os pote das papas,
Véndeme a cunca e medio cunqueiro
e non me venda-lo meu tabaqueiro.
O QUER QUE LLE QUER
con capa e sombreiro.