lunes, 15 de marzo de 2010

COPLAS DA RAPA DAS BESTAS


Fun á rapa dos cabalos.

Vinos sair das xesteiras.

Ian diante os garañóns,

detrás corrían as bestas.



Fun á rapa a Sabucedo,

ver os cabalos da Igrexa,

onde os mozos aguerridos,

pelexan mentres berran.



O mesmo tódolos anos,

tódolos anos a besta,

cando baixan os cabalos,

cando vou a Codesela.



Os mozos tiran do rabo,

mentres relinchan as bestas,

polo camiño correndo,

veñen mozas feiticeiras.



E todos din o mesmo,

cando as campás da Igreza

comezan a repenicar,

e os foguetes a fumear.

Hoxe é un día de festa,

estamos na "Rapa das Bestas".

No hay comentarios:

Publicar un comentario